Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5596

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 690/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 690/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Viñal López contra Metalcambre, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento número 690/2016 seguidos ante este xulgado por instancia de Juan Carlos Viñal López, asistido de Luis Alberto Vázquez Fariñas, contra Metalcambre, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Juan Carlos Viñal López contra Metalcambre, S.L. e declaro improcedente o despedimento deste e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral del coa empresa demandada, con efectos da data da presente resolución, e condeno a empresa a avirse a esta declaración e a aboar ao demandnate unha indemnización de 4.875,09 euros.

Que debo condenar e condeno a Metalcambre, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 8.167,02 euros en concepto de salarios debidos.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Metalcambre, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza