Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1207/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1207/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ángel Santiuste Insua contra Industrial Textil Rare, S.L., Industrial Textil Emsi, S.L., Textiles de Gijón, S.L., María Luisa López Ponte, Gloria Rodríguez de la Iglesia, sobre ordinario, ditouse resolución o 16 de decembro de 2016 contra a que non cabe recurso ningún, e faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Luisa López Ponte, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza