Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5594

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (228/2014).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 228/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio García Bermúdez contra Transportes C. Novoa e Hijos, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou Resolución do 28 de decembro de 2016 contra a cal non cabe interpoñer ningún recurso. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes C. Novoa e Hijos, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza