Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 693/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 693/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar González Sánchez contra Metalcambre, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Na Coruña o 17 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento número 693/2016 seguidos ante este xulgado por instancia de Óscar González Sánchez, asistido de Luis Alberto Vázquez Fariñas, contra Metalcambre, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes:

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Óscar González Sánchez contra Metalcambre, S.L. e declaro improcedente o despedimento deste e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral del coa empresa demandada, con efectos da data da presente resolución, e condeno a empresa avirse a esta declaración e a aboar ao demandante unha indemnización de 14.708,93 euros.

Que debo condenar e condeno a Metalcambre, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 9.034,27 euros en concepto de salarios debidos.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Metalcambre, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza