Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5600

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (711/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 711/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Mirón Iglesias contra Lineanorte Multiservicios, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza do 12 de xaneiro de 2017, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido.

Estímase a demanda interposta por José Manuel Mirón Iglesias contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 25 de agosto de 2016, e en consecuencia debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 56,28 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 928,61 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do trabajador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que opte entenderase que procede a readmisión.

Condénase igualmente a demandada ao pagamento dos honorarios da letrada, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza