Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (351/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 351/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Villasenín Becerra contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Strass Textil, S.L., Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 9 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, estes autos de procedemento 351/2016, seguidos perante este xulgado por instancia de Silvia Villasenín Becerra, asistida polo letrado Marcos Gende Periscal, contra Confección Ideal, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, Shivshi, S.L. e Confecciones Fraga, S.L., non comparecidas todas elas, e contra Deus Creaciones, S.L. e Costura Invisible, S.L., representadas polo letrado Alberto J. García Vilaboy e Strass Textil, S.L., representada pola letrada María Dolores Vasallo Rapela, e contra o Fogasa, que non comparece, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Silvia Villasenín Becerra, no relativo á resolución do contrato, e absolvo a Confección Ideal, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L. e Strass Textil, S.L. da pretensión deducida na súa contra.

Que debo estimar e estimo a reclamación de cantidade e condeno as empresas Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L. e Confecciones Fraga, S.L. a que lle aboen solidariamente á demandante a cantidade de 3.624,72 euros en concepto de salarios, con absolución das demais empresas demandadas.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito, perante este xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Confección Ideal, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza