Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5240

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (554/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 554/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bruno Peñamaría Pérez contra Asistencia Integral en Prevención, S.A., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., Segaprel, S.L., Malga Servicios Empresariales, S.L., Asesoría Técnico-Administrativa, S.L., Grupo PFA Pérez Fadón Asesores, S.L., Herfran Asesores, S.L., Grupo de Asesorías PFA, S.L., Atesa Vínculo Asesores Grupo PFA, S.L., PFA Spril, S.L. (Spril Norte, S.L. anteriormente), CIF B4839193, Thinko Formación, S.L. (Gesprein Formación, S.L. antigamente), Netvision Technologies, S.L., administración concursal Miguel Sánchez Calero Asistencia Integral en Prevención, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 554/2014, seguidos perante este xulgado por instancia de Bruno Peñamaría Pérez, representado pola letrada Aránzazu Navarrete Rey, contra Asistencia Integral en Prevención, S.A., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., Segaprel, S.L., Malga Servicios Empresariales, S.L., Asesoría Técnico-Administrativa, S.L., Grupo PFA Pérez Fadón Asesores, S.L., Herfran Asesores, S.L., Grupo de Asesorías PFA, S.L., Atesa Vínculo Asesores Grupo PFA, S.L., PFA Spril, S.L. (Spril Norte, S.L. anteriormente), Thinko Formación, S.L. (Gesprein Formación, S.L. anteriormente), Netvision Technologies, S.L., administración concursal de Asistencia Integral en Prevención, S.A. e contra Fogasa, comparecidos todos, dito esta sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Bruno Peñamaría Pérez e condeno solidariamente as empresas Asistencia Integral en Prevención, S.A., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., Segaprel, S.L., Malga Servicios Empresariales, S.L., Asesoría Técnico-Administrativa, S.L., Grupo PFA Pérez Fadón Asesores, S.L., Herfran Asesores, S.L., Grupo de Asesorías PFA, S.L., Atesa Vínculo Asesores Grupo PFA, S.L., PFA Spril, S.L. (Spril Norte, S.L. anteriormente), Thinko Formación, S.L. (Gesprein Formación, S.L. anteriormente) e Netvision Technologies, S.L. a que lle aboen ao demandante a cantidade de 8.138,78 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Condénase a administración concursal a aterse ao anterior no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito, perante este xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a ditou, que estaba celebrando audiencia pública no día de hoxe, que é o da súa data».

Para que sirva de notificación en legal forma a Asistencia Integral en Prevención, S.A., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L., Segaprel, S.L., Malga Servicios Empresariales, S.L., Asesoría Técnico-Administrativa, S.L., Grupo PFA Pérez Fadón Asesores, S.L., Herfran Asesores, S.L., Grupo de Asesorías PFA, S.L., Atesa Vínculo Asesores Grupo PFA, S.L., PFA Spril, S.L. (Spril Norte, S.L. anteriormente), Thinko Formación, S.L. (Gesprein Formación, S.L. anteriormente) e Netvision Technologies, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza