Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4168

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (DCT 396/2016).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decido:

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Cerviño Gómez, en nome e representación de María Dolores Cespón Garea, asistida da letrada Sra. Couceiro González, fronte a Manuel Teiga Lueiro, maior de idade, salientada en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes con data do 25.12.1985, en Ortoño, Ames, inscrito no Rexistro Civil desa localidade ao tomo 25 páxina 248, sección 2ª, e as seguintes medidas accesorias definitivas:

Atribución á demandante do uso da vivenda conxugal sita no lugar de Cortés, 15, Ortoño, Ames.

Fixación a cargo do demandado en favor da demandante dunha pensión compensatoria vitalicia de 300 euros/mes.

Aboamento por metade das débedas gananciais descritas no feito 7º da demanda (préstamo para a adquisición de vehículo con BBV, débedas coa TXSS e impostos locais que gravan os inmobles do feito 4º da demanda).

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (artigos 458 e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo Sr. xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Teiga Lueiro, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

O/A letrado/a da Administración de xustiza