Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4170

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1266/2015).

Neste órgano xudicial tramítase divorcio contencioso 1266/2015, seguido por instancia de María Begoña Fernández Méndez contra José Vicente Bermúdez Delgado, nos que, por resolución de data, se acordou:

«Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Míguez Fuentes, en nome e representación de María Begoña Fernández Méndez, asistida do letrado Sr. de Acosta González fronte a José Vicente Bermúdez Delgado, maior de idade, salientado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal, ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes con data do 23 de xullo de 1994 en Brión, inscrito no rexistro civil desa localidade, ao tomo 24, páxina 588, sección 2ª, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. do Código civil, transcorrido máis de tres meses de matrimonio, despois de recaer sentenza de separación, con data do 9 de decembro de 1998 ante o Xulgado de Primera Instancia número 3 de Santiago de Compostela, e procede a adopción, así mesmo, das seguintes medidas definitivas accesorias a tal pronunciamento principal.

1º. Revogación de poderes e consentimentos outorgados mutuamente polos cónxuxes.

2º. Atribución do uso da vivenda familiar sita na rúa do Francés, O Avío, 24, Vista Alegre, Santiago de Compostela á demandante e filla común maior de idade.

3º. Fixación como pensión de alimentos a cargo do demandado en favor da filla maior de idade do 30 % dos ingresos do demandado que se aboarán nos 5 primeiros días de cada mes na conta que designe a demandante con actualización anual na data do 1 de xaneiro de cada ano conforme a variación anual precedente do IPC.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e, fronte a esta, cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E para que así conste notificado José Vicente Bermúdez Delgado.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

O/a secretario/a xudicial