Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1191/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento Seguridade Social 1191/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la S.S. contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, BB Monbreaker, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, José Antonio Canosa Conde, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza.

Na Coruña o dezanove de decembro de dous mil dezaseis.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1191/2014 en que son parte, dun lado como demandante Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la S.S., representada polo letrado Javier Pena Penela, e como demandado INSS e TXSS representados polo letrado Ángel González Quintás, José Antonio Canosa Conde representado polo letrado José Luis Vázquez Pérez-Cóleman e BB Monbreaker, S.L., non comparece, sobre seguridade social, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que estimou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mutua Asepeyo contra o INSS, TXSS, BB Monbreaker, S.L. e José Antonio Canosa Conde, e absolvo os demandados dos pedimentos contidos nela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que deberá anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Para que sirva de notificación en legal forma a BB Monbreaker, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza