Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2017 Páx. 4166

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Lugo (Sección Primeira - Civil)

EDICTO de notificación de sentenza (676/2016).

No presente procedemento de recurso de apelación 676/2016 seguido por instancia de El Houcine Rahmani Dargaoui fronte a Mapfre Familiar, S.A. de Seguros e Mohammed Bouterfas, este último declarado en situación de rebeldía, foi ditada a sentenza nº 5/2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva teñen o teor literal seguinte:

«Sentenza nº 5/2017.

José Antonio Varela Agrelo.

Darío Antonio Reigosa Cubero.

María Inmaculada García Mazas.

Lugo, 4 de xaneiro de 2017.

Visto en grao de apelación ante esta Sección primeira, da Audiencia Provincial de Lugo, os autos de procedemento ordinario 1329/2014, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 676/2016, en que aparece como parte apelante El Houcine Rahmani Dargaoui, representado pola procuradora dos tribunais, María Isabel Villasol Busto, asistido polo avogado Ángel Velle Fernández, e como parte apelada, Mapfre Familiar, S.A. de Seguros, representada polo procurador dos tribunais Manuel Faustino Mourelo Caldas, asistido polo avogado José Soto López, e Mohammed Bouterfas en situación de rebeldía procesual, sendo o maxistrado relator José Antonio Varela Agrelo.

Decidimos:

Desestimar o recurso de apelación.

Confirmar a sentenza apelada.

Impor as custas ao apelante.

Transfírase á conta especial 9900 o depósito constituído para recorrer.

Contra a devandita resolución non cabe recurso ordinario ningún, sen prexuízo de que se poida interpor o recurso extraordinario de casación ou por infracción procesual, se concorrer algún dos supostos previstos nos artigos 469 e 477 da Lei de axuizamento civil, caso este en que o prazo para a interposición do recurso será o de vinte días e débese interpor ante este mesmo tribunal.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

E encontrándose o devandito apelado, Mohammed Bouterfas, en paradoiro descoñecido e téndose declarado a súa rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este edicto notifícase a Mohammed Bouterfas o contido da anterior resolución, dado o seu ignorado paradoiro.

Lugo, 9 de xaneiro de 2017

Gonzalo Lobato Andrés
Letrado da Administración de xustiza