Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 579/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 579/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Faquet Tasende contra a empresa La Farándula Hosteleros, S.L., con intervención procesual do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 579/2014 sendo parte neste, dun lado como demandante José Ángel Faquet Tasende, asistido polo letrado José Manuel Puñal Souto, e como demandada, La Farándula Hosteleros, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido:

Que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante José Ángel Faquet Tasende, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa La Farándula Hosteleros, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.651,86 €, máis xuros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a La Farándula Hosteleros S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza