Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4020

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1293/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1293/2013 por instancia de Carlos Castiñeira Novo contra as empresas Comercial Malpica, S.L., Jomar Servicios Integrales, S.L., o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, nos cales recaeu sentenza o 25.11.2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido estímase parcialmente a demanda interposta por Carlos Castiñeira Novo fronte ás empresas Comercial Malpica, S.L., Jomar Servicios Integrales, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a Jomar Servicios Integrales, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a empresa Comercial Malpica, S.L. a aboarlle a Carlos Castiñeira Novo a cantidade de dez mil novecentos corenta e nove euros con catro céntimos de euro (10.949,04 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Comercial Malpica, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2017

A secretaria xudicial