Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4022

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (801/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 801/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pérez González contra Ferr y Fer Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza

A Coruña, 2 de decembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 801/2014 seguido ante este xulgado por instancia de José Pérez González, representado por María Pérez Diéguez e asistido da letrada Isabel Noya Rey, contra Ferr y Fer Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L., que non comparece e contra Fogasa que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Fallo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Pérez González e condeno á empresa Ferr y Fer Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L., a aboar ao demandante a cantidade de 22.619,98 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferr y Fer Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza