Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (811/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 811/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Mar Cernadas Burgo contra Restoiro, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Na Coruña, 14 de decembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 811/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de María del Mar Cernadas Burgo, representada polo letrado José Páramo Sureda, contra Restoiro, S.L. que non comparece e contra Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María del Mar Cernadas Burgo e condeno a empresa Restoiro, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 4.884,74 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restoiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 15 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza