Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4026

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 983/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 983/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Martínez Canosa, Juan Diego Martínez López, Juan José Castreje Papin e Elsa Lires Buiturón, contra Flores de Lires, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

Na Coruña o 22 de decembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 983/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de Juan Ramón Martínez Canosa, Juan Diego Martínez López, Juan José Castreje Papin e Elsa Lires Buiturón, asistidos polo letrado Félix Suárez de la Fuente, contra Flores de Lires, S.L. e contra o Fogasa, todos eles non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Juan Ramón Martínez Canosa, Juan Diego Martínez López, Juan José Castreje Papin e Elsa Lires Buiturón, e condeno a empresa Flores de Lires, S.L. a que aboe aos demandantes as seguintes cantidades, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais:

– Juan Ramón Martínez Canosa: 22.331,54 euros en concepto de indemnización e 1.064,20 euros en concepto de liquidación.

– Juan Diego Martínez López: 17.470,98 euros en concepto de indemnización e 866,49 euros en concepto de liquidación.

– Juan José Castreje Papin: 17.051,44 euros en concepto de indemnización e 812,58 euros en concepto de liquidación.

– Elsa Lires Buiturón: 12.394,84 euros en concepto de indemnización e 590,68 euros en concepto de liquidación.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Flores de Lires, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza