Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4028

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (494/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 494/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Miguélez Rodríguez contra Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España (Atrade), Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

Sentenza.

Na Coruña, 22 de decembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 494/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de Patricia Miguélez Rodríguez, asistida do letrado José Daniel Pérez López, contra Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España, que non comparece e contra Fogasa que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Patricia Miguélez Rodríguez e condeno a Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España a aboar á demandante a cantidade de 5.945,23 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a ditou estando a celebrar audiencia pública no día de hoxe que é o da súa data.

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España (Atrade), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 22 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza