Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 533/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 533/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Lendoiro Esmorís contra Academia Corcasa, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de decembro de 2016

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 533/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de José Ramón Lendoiro Esmorís, asistido do letrado José Daniel Pérez López, contra Academia Corcasa, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Ramón Lendoiro Esmorís e condeno a empresa Academia Corcasa, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 3.166,72 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día de hoxe, que é o da súa data».

E para que sirva de notificación en legal forma a Academia Corcasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza