Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (45/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 45/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Rendueles Ventura contra Isa Foira, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Estimo integramente a demanda interposta por Isabel Rendueles Ventura, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra a mercantil Isa Foira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), e en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboar á demandante a cantidade de 4.376,03 euros, máis o 10 % da devandita cantidade por demora no pagamento.

Debo de absolver e absolvo o Fondo de Garantía Salarial dos pedimentos da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Isa Foira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza