Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2017 Páx. 4016

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1278/2015).

Eu, Begoña Acha Barral, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Reforzo de Familia de Vigo, polo presente edicto anuncio que no procedemento de divorcio seguido por instancia de Guillermo Guntín Giráldez fronte a María Mercedes Chamorro Pérez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 434/2016.

Vigo, 2 de setembro de 2016

Teresa A. Fernández Molinos, xuíza de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e 12 de Vigo e do seu partido xudicial, viu e oíu os presentes autos sobre divorcio número 1278/2015, seguidos por instancia de Guillermo Guntín Giráldez, representado procesualmente pola procuradora Sra. Pérez Crespo e asistido do letrado Sr. Domínguez Álvarez, fronte a María Mercedes Chamorro Pérez, en situación de rebeldía procesual.

Que, estimando a demanda de divorcio interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez Crespo, en nome e representación de Guillermo Guntín Giráldez, fronte a María Mercedes Chamorro Pérez, en situación de rebeldía procesual, procede declarar a disolución por divorcio do matrimonio canónico contraído por ambos os litigantes en Nigrán o día 20 de setembro de 1970, inscrito no tomo 32, páxina 164, da sección 2ª do Rexistro Civil da devandita localidade, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Non se efectúa expresa imposición das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, con apercibimento de que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, nos termos e prazos establecidos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Firme que sexa esta resolución, expídase testemuño dela ao encargado do Rexistro Civil de Nigrán co fin de que practique as oportunas anotacións.

Así por esta a miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos da súa razón, e definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a devandita demandada, María Mercedes Chamorro Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 21 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza