Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2941

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (423/2015).

Procedemento ordinario 423/2015

Procedemento de orixe: /

Sobre outras materias

Demandante: Guadalupe Ferreiro Vilas

Procuradora: Nuria Romero Raño

Avogado: Marcelino Freire Donado

Demandados: Rosa López Ferreiro, Dolores López Ferreiro, María Luisa López Ferreiro, herdeiros de Adela López Ferreiro

Mª Manuela García Jalón de la Lama, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de procedemento ordinario 423/2015, seguido por instancia de Guadalupe Ferreiro Vilas, representada pola procuradora Nuria Romero Raño, fronte a María Luisa López Ferreiro, Dolores López Ferreiro, Rosa López Ferreiro e contra os herdeiros de Adela López Ferreiro, se ditou Sentenza nº 137 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza

En Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2016.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario 423/2016, seguidos por instancia de Guadalupe Ferreiro Vilas, representada pola Sra. Romero Raño, baixo a asistencia letrada do Sr. Freire Donado, contra Mª Luisa, Adela, Dolores e Rosa López Ferreiro en situación de rebeldía procesual.

(…)

Decido:

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Romero Raño no nome e representación invocada e, en consecuencia, declárase que pertence, desde a data 2 de abril de 2014 a Guadalupe Ferreiro Vilas, o 50 % da vivenda sita na avda. de Salamanca nº 23 de Santiago de Compostela descrita no feito primeiro da demanda; condénanse os demandados a que entreguen á demandante a posesión da referida vivienda en virtude do legado específico constituído por Concepción Milagros Celia López Ferreiro en favor de Mª del Carmen López Ferreiro, por ser esta, Guadalupe Ferreiro Vilas, a súa única e universal herdeira mediante o outorgamento da correspondente escritura pública de entrega de legado, baixo apercibimento de que de non facelo se outorgará de oficio e pola súa conta, condenándoos, así mesmo, á entrega dos froitos e rendas pendentes, se os houber, desde a data de falecemento do causante así como os accesorios da vivenda, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, se deberá interpoñer perante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

Para que sirva de notificación aos herdeiros de Adela López Ferreiro e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza