Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2943

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (81/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento ordinario 81/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Íñigo Arbelaiz Martínez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Seguridad y Planificación Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Bárbara María Pérez Maside, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Íñigo Arbelaiz Martínez, fronte á Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A, Seguridad y Planificación de Galicia, S.L., e condeno a primeira delas a que lle aboe ao demandante a seguinte cantidade: 7.491,39 euros, máis o incremento do 10 % de xuro por mora do artigo 29.3 do ET respecto ás que teñen carácter salarial.

Absolvo a codemandada Seguridad y Planificación de Galicia, S.L., da pretensión suscitada fronte a ela.

Con intervención da administración concursal de Seguridad y Planificación de Galicia e do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, e deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza; a recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, aínda que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza