Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2945

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (171/2016).

ETX execución de títulos xudiciais 171/2016

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 557/2015

Sobre despedimento

Demandante: Júnior Félix del Rosario Vasquez

Avogado: Óscar Luna Vergara

Demandado: Roberto Nogueira González

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 171/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Júnior Félix del Rosario Vasquez contra Roberto Nogueira González sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Declarar o executado Roberto Nogueira González en situación de insolvencia polo importe de 16.268,95 euros, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisoria».

E para que sirva de notificación en legal forma a Roberto Nogueira González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza