Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2939

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (998/2015).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Mailane Santos Avelino fronte a José María Lorenzo Lamoso ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 291/2016.

En Pontevedra, 4 de outubro de 2016.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co número 998/2015, no que é parte demandante, Mailane Santos Avelino, representada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e asistida da letrada Marta Torres Pumeda, en substitución do letrado Evaristo Pedro Estévez Vila, e como parte demandada José María Lorenzo Lamoso, declarado en rebeldía procesual.

Resolvo:

Estimo a demanda presentada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández en nome e representación de Mailane Santos Avelino, contra José María Lorenzo Lamoso, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 30 de maio de 2009 en Pontevedra, que se inscribiu no tomo 120, páxina 373 da Sección 2ª do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que a devandita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Pontevedra.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse dentro dos cinco días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada, pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, José María Lorenzo Lamoso en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 28 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza