Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 444

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 3792/2016 BC).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3792/2016 BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 644/2015 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: María Jesús Amado Varela

Avogado: José Nogueira Esmorís

Recorridos: Fogasa, Sumtec, S.L.

Avogados: Fogasa, Tamara Vallejo Martínez

Procuradora: María Jesús Gandoy Fernández

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3792/2016 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Amado Varela contra Fogasa, Sumtec, S.L., General Panels, S.L., Puertas Blindex, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., administración concursal Sumtec (Fernández Obanza Carro), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante María Jesús Amado Varela contra o auto de data 14 de abril de 2016, ditado polo Xulgado do Social número 1 desta capital, no presente proceso promovido pola referida recorrente fronte ás empresas Sumtec, S.L., administrador concursal, Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, confirmamos a resolución contra a que se recorre pola que se declarou a competencia da xurisdición mercantil para coñecer da acción de resolución do contrato formulada pola traballadora demandante.

Modo de impugnación: fáiseselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza