Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 442

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 3534/2016 BC).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3534/2016 BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1007/2015 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Acedeira Hosteleros, S.L.

Avogada: María Belén Rodríguez Lago. Procuradora: Isabel María Castiñeiras Fandiño

Recorridos: Fernando dos Reis Pos e Anseris Hostelería, S.L. Avogada: Cristina Pesqueira García, Carmen Vilas Pereira

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3534/2016 desta sección, seguido por instancia de Acedeira Hosteleros, S.L. contra Fernando dos Reis Fos, Anseris Hostelería, S.L., Alter Mare, S.L., Xibalba Servicio Hostelería, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa Acedeira Hosteleros, S.L. contra a sentenza de data 13 de maio de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo, en proceso promovido pola recorrente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a que se recorre. Impóñense as custas á empresa recorrente vencida, que comprenderán os honorarios do letrado impugnante do seu recurso por importe de 200 euros.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 6 35 ****++)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alter Mare, S.L. e Xibalba Servicio Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza