Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 446

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (F02 504/2016).

F02 Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 504/2016

Sobre separación contenciosa

Demandante: Flor Concepción Guambuguete Heredia

Procuradora: Paloma Cambeiro Vázquez

Avogada: Julia Álvarez Martín

Demandado: Rómulo Jonhy Suárez Villalba

«Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Decido que, estimando na súa integridade a demanda de xuízo verbal presentada por Flor Concepción Guambuguete Heredia representada pola procuradora Sra. Cambeiro Vázquez e asistida da letrada Sra. Álvarez Martín, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer un fillo menor de idade, fronte a Rómulo Jonhy Suárez Villalba, maior de idade, sinalado en autos e declarado en rebeldía procesual, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Privación da patria potestade ao demandado, atribuíndo en exclusiva a titularidade e exercicio ordinario da patria potestade sobre o menor Kevin Javier Suárez Guambuguete á súa nai.

2º. Atribución á demandante da garda e custodia sobre o citado menor.

3º. Suspensión de todo réxime de estadías e comunicacións do proxenitor non custodio.

4º. Fixación a cargo do demandado en favor do fillo común dunha pensión de alimentos de 150 euros/mes que se aboarán de xeito anticipado nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandada, pensión de alimentos que se actualizará anualmente conforme a variación precedente do IPC.

5º. Aboamento por metade dos gastos extraordinarios do menor, logo da súa acreditación documental.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss. e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Rómulo Jonhy Suárez Villalba, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza