Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55899

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (792/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 792/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanesa Peláez Lamas contra Pezetace, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Na Coruña, 29 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 792/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de Vanesa Peláez Lamas, asistida polo letrado José Páramo Sureda, contra Pezetace, S.L., que non comparece e contra Fogasa que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade co seguinte,

Resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Vanesa Peláez Lama e condeno a empresa Pezetace, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 1.361,76 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pezetace S.L. (Cafetería Remanso), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza