Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55897

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 436/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 436/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvana María Martínez Varela contra Saraitsa, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 559/2016.

A Coruña, 29 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 436/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Silvana María Martínez Varela, representada pola letrada Aránzazu Navarrete Rey contra Saraitsa, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Silvana María Martínez Varela contra Saraitsa, S.L., declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución, que ascenden 76,95 euros diarios ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 21.757,61 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Saraitsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza