Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55901

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (679/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 679 /2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara América Gil Fraiz contra Yaniraonline, S.L. e Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento 679/2016 seguidos ante este xulgado por instancia de Sara América Gil Fraiz, asistida da letrada Lidia Vázquez Méndez, contra Yaniraonline, S.L., non comparecida e contra o Fogasa que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade co seguinte,

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Sara América Gil Fraiz contra Yaniraonline, S.L., declaro improcedente o despedimento da demandante, condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento e que ascenden 33,12 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 546,48 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Yaniraonline, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza