Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55903

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 783/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 783/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Expósito Leal contra Dovela Arquitectura Interior y Construcción e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Na Coruña o 29 de novembro de 2016.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 783/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Luis Expósito Leal, que comparece por si, contra Dovela Arquitectura Interior y Construcción, que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Luis Expósito Leal e condeno a empresa Dovela Arquitectura Interior y Construcción a aboar ao demandante a cantidade de 2.161,44 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dovela Arquitectura Interior y Construcción, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza