Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55720

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña

EDICTO (574/2015).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza do 4 de outubro de 2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Luis Javier Rodríguez Vidal, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña, ditou este edicto en autos de xuízo ordinario 574/2015-E nos cales é parte demandante Jesús Mosquera Mosquera, representado pola procuradora Belo González e asistido do letrado Castro García, e parte demandada Alba Dorinda Rama Queijo, en rebeldía.

Resolvo:

Tense por desistido o demandante da acción negatoria de servidume de luces e vistas, sen facer especial pronunciamento en materia de custas.

Que estimando a demanda interposta por Jesús Mosquera Mosquera contra Alba Dorinda Rama Queijo, debo declarar que o predio descrito no feito primeiro da demanda, propiedade do demandante Jesús Mosquera Mosquera, non está gravado con servidume de paso de clase ningunha en beneficio do predio descrito no feito terceiro, nin en beneficio da casa existente no devandito predio, propiedade da demandada, Alba Dorinda Rama Queijo, e, por conseguinte, a demandada debe absterse en diante de pasar a pé ou con vehículos de calquera clase polo referido predio do demandante para o servizo do seu, con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso que deberán interpoñer, se é o caso, ante este xulgado no prazo dos 20 días seguintes ao día que se lles notifique esta sentenza.

Así o acordo, mando e asino.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Alba Dorinda Rama Queijo, expídase o presente edicto.

A Coruña, 2 de novembro de 2016

A letrada da Administración xudicial