Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55719

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (457/2015).

Eu, Mª Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza, con destino na Sección 6 da Audiencia Provincial de Pontevedra, por este edicto fago constar que na peza de apelación 457/2015, dimanante do xuízo verbal 828/2013 do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, esta sección, o 11 de febreiro de 2016, ditou sentenza en que estima o recurso e a demanda interpostos por Adelina P.A. contra M. del Rosario F.H. e Javier Figueroa Rodríguez, cuxo texto íntegro se atopa nesta secretaría ao dispor dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación non cabe recurso.

Para que conste e para súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Javier Figueroa Rodríguez, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino este edicto.

Vigo, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza