Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55717

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1821/2016-1).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1821/2016 desta sala, seguido por instancia de Gumersindo Rodríguez Fernández contra Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Budiño, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Guillarei, S.L., Montajes Graníticos, S.L. e Granitos Santa Fe, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Gumersindo Rodríguez Fernández contra a Sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, do 8 de febreiro de 2016, en Autos 325/2015, que revogamos; acollemos a súa demanda contra Granitos Budiño, S.L., Granitos Guillarei, S.L., Montajes Graníticos, S.L., Granitos Santa Fe, S.L., Allianz Seguros y Reaseguros, S.A. e MGS Seguros, S.A.; declaramos o dereito do demandante-recorrente a percibir unha indemnización de corenta e cinco mil euros (45.000 €), e condenamos solidariamente as empresas codemandadas ao seu pagamento efectivo, con absolución das aseguradoras tamén demandadas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Granitos Budiño, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se se trata de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza