Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55721

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (752/2015).

Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fai saber,

No presente procedemento ordinario 752/15-B, seguido por instancia de Caixabank, S.A. fronte a Tecnillon, S.L., SB.VER.MEX, S.L. e María Soledad Barrán Mecías, ditouse Sentenza o 27.6.2016, contra a cal cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado.

E encontrándose os ditos demandados Tecnillon, S.L., SB.VER.MEX, S.L. e María Soledad Barrán Mecías en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lles sirva de notificación en forma. Fáiselles saber aos interesados que poderán dirixirse a esta oficina en que se tramita o procedemento co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

A Coruña, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza