Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55722

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (62/2016).

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Tania Fernández Loureiro fronte a Ricardo José dos Santos Ferreira, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Ortigueira, 21 de novembro de 2016

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de divorcio contencioso rexistrados co número 62/2016, en que interviñeron, como demandante Tania Fernández Loureiro, asistida do letrado Jaime Bouza López e representada pola procuradora María del Carmen Pena Blanco e, como demandado, Ricardo José dos Santos Ferreira, declarado en rebeldía procesual…

Resolvo:

Que estimando totalmente a demanda presentada pola procuradora María del Carmen Pena Blanco, en nome e representación de Tania Fernández Loureiro, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Tania Fernández Loureiro e Ricardo José dos Santos Ferreira, con todos os efectos previstos na lei, e confirmo a pensión de alimentos de 250 euros ao mes para o fillo común menor de idade, que Ricardo José dos Santos Ferreira ingresará a Tania Fernández Loureiro, antes do día cinco de cada mes, na conta que designen para o efecto, cantidade que aumentará anualmente segundo o incremento do IPC que publique o INE ou organismo que o substitúa. Confirmo a obriga de pagar a medias os gastos extraordinarios e confirmo a medida de garda e custodia para a nai do fillo menor de idade, medidas acordadas na sentenza deste xulgado do 24 de maio de 2012, ditada no procedemento de separación de mutuo acordo nº 99/2012.

Non se efectúa expreso pronunciamento acerca das custas procesuais.

En canto sexa firme esta resolución…

E ao estar o dito demandado, Ricardo José dos Santos Ferreira, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ortigueira, 28 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza