Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55434

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, de ratificación da Resolución do 25 de novembro de 2016, de adopción de medidas adicionais de control especial na mutualidade Unión de Artesanos, mutualidade de previsión social a prima fixa.

O 25 de novembro de 2016, o director xeral de Política Financeira e Tesouro, en aplicación do disposto no capítulo II do título VI da Lei 20/2015, do 14 de xullo, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras, e no capítulo I do título IV e capítulo II do título VI do Real decreto 1060/2015, do 20 de novembro, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras, adoptou unha resolución na cal se acorda o seguinte, en relación coa mutualidade de previsión social a prima fixa Unión de Artesanos:

«Primeiro. Manter as medidas de control especial que se adoptaron pola Resolución do 17 de outubro de 2016.

Segundo. Adoptar a medida adicional de control especial, prevista no artigo 161 da Lei 20/2015, do 14 de xullo, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras consistente en substituír provisionalmente a xunta directiva da mutualidade de previsión social a prima fixa Unión de Artesanos, ao abeiro do artigo 165 da citada lei, e designar como administradores provisionais as seguintes persoas:

1. Rosa María Pedrosa Pedrosa.

2. Román García Pastur.

3. José Antonio Vesteiro Rivas.

Os administradores nomeados terán todas as facultades que a normativa aplicable lle recoñece á xunta directiva substituída e será necesario para o seu exercicio que actúen polo menos dous deles de forma mancomunada.

A presente resolución é inmediatamente executiva.

O nomeamento publicarase no DOG e inscribirase nos demais rexistros públicos que correspondan.

Terceiro. Concederlle á mutualidade un período de alegacións durante un prazo de 10 días desde a notificación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 213 d) do Real decreto 1060/2015, do 20 de novembro, de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras».

O prazo concedido á mutualidade rematou sen que se teñan presentado alegacións.

Con base no anteriormente exposto,

RESOLVO:

1º. Deixar sen efecto as medidas provisionais de control especial acordadas na Resolución do 17 de outubro de 2016.

2º. Ratificar as medidas adicionais de control especial adoptadas no punto segundo da citada Resolución do 25 de novembro de 2016.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación, ante esta dirección xeral ou ante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira e Tesouro