Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55051

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 710/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 710/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Franco Rodríguez contra Lomesan, Obras, Servicios y Reformas, S.L.U., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana Franco Rodríguez contra a entidade Lomesan, Obras, Servicios y Reformas, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Lomesan, Obras, Servicios y Reformas, S.L.U. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.427,84 euros brutos, por salarios devindicados en maio e xuño de 2015, con inclusión de parte proporcional de pagas extra, e compensación económica por vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lomesan, Obras, Servicios y Reformas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza