Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (669/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 669/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Alvarellos Regueiro contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóbiles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«1º. Que, estimando integramente a reclamación de cantidade promovida por José Manuel Alvarellos Regueiro en canto se dirixiu contra as empresas Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóbiles J. y M. Fernández, S.L.U., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L. e Talleres Fernández Coruña, S.L., debo condenalas e condénoas a que, conxunta e solidariamente, aboen ao demandante a cantidade de 17.553,82 euros que deberán resultar incrementada co 10 % de xuro en concepto de demora computado na forma indicada no fundamento xurídico terceiro da presente resolución.

2º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a avirse á condena imposta ás aludidas codemandadas.

3º. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así por esta, a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóbiles J. y M. Fernández, S.L.U., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza