Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55054

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (666/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 666/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mariño López contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«1º. Que, estimando integramente a reclamación de cantidade promovida por Manuel Mariño López en canto se dirixiu contra as empresas Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L. e Talleres Fernández Coruña, S.L., debo condenalas e condénoas a que, conxunta e solidariamente, lle aboen ao demandante a cantidade de 4.816,3 euros que deberá resultar incrementada co 10 % de xuro en concepto de mora computado na forma indicada no fundamento xurídico terceiro da presente resolución.

2º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a estar e pasar pola condena imposta ás aludidas codemandadas.

3º. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que, contra ela, poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza