Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1053/2014).

Procedemento ordinario (PO) 1053/2014 P

Sobre: ordinario

Demandante: Ana Mariño Lens

Demandados: Luis Serafín Varela Iglesias, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado: (…), Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1053/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Mariño Lens contra Luis Serafín Varela Iglesias, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 323/2016.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1053/2014, sendo parte neste, como demandante, Ana Mariño Lens, asistida pola letrada Sra. Verde Crespo, e como demandado Luis Serafín Varela Iglesias, que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, sobre a base dos seguintes:

Decisión admítese a demanda interposta por Ana Mariño Lens fronte a Luis Serafín Varela Iglesias e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade correspondente a 1.023,91 euros, en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Luis Serafín Varela Iglesias, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza