Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 375/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 375/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Núñez Rendo contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse o seguinte requirimento:

«Cédula de requirimento.

Órgano xudicial que require: Xulgado do Social número 3

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 375/2015

Persoa a que se require: Falcón Contratas y Seguridad, S.A.

Obxecto do requirimento: deberán achegar:

– Contrato de Ana Núñez Rendo.

– Nóminas e boletíns de cotización de Ana Núñez Rendo correspondentes aos anos 2013 e 2014.

– Cuadrantes de servizos de Ana Núñez Rendo correspondentes aos anos 2013 e 2014».

E para que sirva de requirimento en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza