Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1034/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1034/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Torres Vázquez contra Imaro Informática, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 324/2016.

Procedemento ordinario 1034/2014.

Procedemento orixe: /

Sobre: ordinario.

Demandante: Patricia Torres Vázquez.

Avogada: Laura Otero Rodríguez.

Demandada: Imaro Informática, S.L.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1034/2014 en que son parte, como demandante, Patricia Torres Vázquez, asistida pola letrada Sra. Otero Rodríguez, e, como demandada, Imaro Informática, S.L., que non comparece malia ser citada en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Decido:

Estímase a demanda interposta por Patricia Torres Vázquez fronte a Imaro Informática, S.L., e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade correspondente a 1.705,85 euros, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Imaro Informática, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza