Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 823/2014).

Procedemento ordinario (PO) 823/2014

Procedemento de orixe: seguridade social 823/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Antonio López Jorge

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandados: Héctor Daniel García Pérez (Café Ideal Bar Azul), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 823/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio López Jorge contra Héctor Daniel García Pérez (Café Ideal Bar Azul), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 322/2016

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 823/2014, sendo parte neste, como demandante, Antonio López Jorge, asistido polo letrado Sr. Corujo Martínez, e como demandado Héctor Daniel García Pérez (Café Ideal Bar Azul), que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Antonio López Jorge fronte a Héctor Daniel García Pérez (Café Ideal Bar Azul) e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade correspondente a 6.689,70 euros, en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións, aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Héctor Daniel García Pérez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza