Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55063

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1037/2014).

Procedemento ordinario (PO) 1037/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Miriam del Carmen Huerta Lado

Avogado: Emilio Sánchez Vieites

Demandado: Inkjet 10, S.L., Fogasa

Avogados: (…), Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1037/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miriam del Carmen Huerta Lado contra Inkjet 10, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 321/2016

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste xulgado co número 1037/2014, derivados de procedemento monitorio número 809/2014, sendo parte neste, como demandante, Miriam del Carmen Huerta Lado, asistida polo letrado Sr. Sánchez Vieites, e como demandado Inkjet 10, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, sobre a base dos seguintes

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Miriam del Carmen Huerta Lado fronte a Inkjet 10, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade correspondente a 1.548,63 euros, en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Inkjet 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza