Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1061/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1061/2013, por instancia de Pedro Pablo Valiño Giao contra Cosmetológicas SB, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, en que se ditou auto de aclaración de sentenza con data do 16 de novembro de 2016 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Auto

Maxistrado xuíz

Nicolás Emilio Pita Lloveres

Na Coruña o 16 de novembro de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Que con data do 3 de outubro de 2016, nestes autos, se ditou a sentenza pola cal se desestimaba a demanda interposta por Pedro Pablo Valiño Giao.

Segundo. Que a representación da parte demandante presentou escrito con data do 10 de novembro de 2016, en que solicita a aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican nel, que se dá aquí por reproducido.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De conformidade co que establece o artigo 267, parágrafo 2º, da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón que: “Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento”, así como o parágrafo 3º, á vista do manifestado pola parte demandante, no escrito arriba mencionado, procede o que logo se dirá.

Segundo. A pretensión deducida pola parte demandante non pode ter acollemento favorable por exceder os límites do artigo 215 da Lei de axuizamento civil.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva

S.Sª acorda que non procede a aclaración solicitada.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe.

O maxistrado xuíz A letrada da Administración»

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cosmetológicas SB, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de novembro de 2016

A secretaria xudicial