Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55042

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (664/2012).

Eu, Marta de la Rubia Almuíña, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Clínica Universidade de Navarra fronte a Herdanza Xacente e Desc. Hdros. de Fernando del Pilar Rodríguez Martín-Varela, Juan Ignacio Rodríguez Veiga, Fernando José Rodríguez Veiga, Marta Moldes Brandariz, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 210/2016.

Asunto: xuízo ordinario 664/2012.

Vigo, 7 de outubro de 2016.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Universidade de Navarra - Clínica Universidade de Navarra. Procurador: Jesús Martínez Melón. Avogado: Fernando Domingo Osle.

Demandados:

– Herdanza Xacente de Fernando del Pilar Rodríguez Martín-Varela (rebelde procesual).

– Ignacio Rodríguez Veiga. Procuradora: Marta Pereira-Borrajo Rey. Avogada: Bibiana Rodríguez Parada.

– Fernando José Rodríguez Veiga. Procuradora: María José Argiz Vilar. Avogado: Rubén Antonio Martínez.

– Marta Moldes Brandariz (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (arrendamento de servizos médicos).

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Universidade de Navarra-Clínica Universidade de Navarra fronte á Herdanza Xacente de Fernando del Pilar Rodríguez Martín-Varela, condeno esta a aboar á demandante a suma de 17.514,52 euros, co incremento no xuro legal do diñeiro computado desde o 7 de maio de 2009, que na data de demanda suma 2.259,97 euros.

Con formal absolución de Ignacio Rodríguez Veiga, Fernando José Rodríguez Veiga e Marta Moldes Brandariz, sen imposición das custas causadas pola súa instancia.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá directamente neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta) no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Santander. A falta de correcta consignación supoñerá a inadmisión a trámite do recurso. A desestimación ou inadmisión deste supoñerá a perda do depósito.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

(Segue sinatura)».

E encontrándose Herdanza Xacente e Desc. Hdros. de Fernando del Pilar Rodríguez Martín-Varela e Marta Moldes Brandariz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma mediante inserción no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza