Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55040

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1574/2015-RCUD 287/15-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1574/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 883/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: Ana María Falque Tapia, Pescados Juan Fernández, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1574/2015-RCUD 287/15-S desta sala, seguido por instancia do Fogasa contra Ana María Falque Tapia e Pescados Juan Fernández, S.L. sobre despedimento disciplinario, a Sala IV do Tribunal Supremo ditou sentenza o 6 de outubro de 2016 cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Decido:

Por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1. Desestimar o recurso de casación para unificación de doutrina interposto por Fogasa representado polo avogado do Estado contra a sentenza ditada o 6 de xullo de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en recurso de suplicación nº 1574/2015, interposto contra a Sentenza do 15 de xaneiro de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, en autos número 883/2014, seguidos por instancia de Ana María Falque Tapia contra Pescados Juan Fernández, S.L., e Fogasa.

2. Declarar a firmeza da sentenza impugnada.

3. Condenar o recorrente ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza