Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55044

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (705/2015).

Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Caixabank, S.A. fronte a Manuel Vázquez Pérez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Xuíza que a dita: maxistrada-xuíza Ana Araceli Muñoz Martín

Lugar: Vigo

Data: 5 de abril de 2016

Demandante: Caixabank, S.A.

Avogado: José Antonio Cobas Brey

Procurador: José Manuel González-Puelles Casal

Demandado: Manuel Vázquez Pérez

Procedemento: xuízo verbal 705/2015

Resolución:

Estimando parcialmente a demanda interposta por Caixabank, S.A. fronte a Manuel Vázquez Pérez debo condenar e condeno este a aboar á demandante a cantidade de 3.042,22 euros máis os xuros legais desde a reclamación xudicial.

Non se fai declaración de condena en custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Santander na conta deste expediente 3641.0000 e sinalar no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(Segue sinatura maxistrada-xuíza).

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Vázquez Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 9 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza