Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55046

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (278/2014).

Julio Manuel González Muñoz, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María del Carmen Trinidad Rumbao Domínguez fronte a Herminia Vales Mendoza, comunidade de propietarios Edificio Metamec se ditou sentenza, cuxo encabezado e decisión son do seguente teor literal:

«Sentenza 97/2016.

En Cambados o 26 de xullo de 2016.

Vistos por min, María José Caramés Blanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 3 de Cambados e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario 278/2014, entre partes; dunha, como demandante, María del Carmen Trinidad Rumbao Domínguez, representada pola procuradora Dolores Abella Otero e asistida tecnicamente polo letrado Sr. Lastres Couto, actuando en substitución do Sr. Jaudenes López de Castro, e doutra, como demandados comunidade de propietarios Edificio Metamec nº 5 de Sanxenxo, representada pola procuradora Sra. Fernández Chamorro e asistida tecnicamente pola letrada Sra. Tobío Vázquez, e Herminia Vales Mendoza, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de danos e perdas, dítase esta sentenza con base nos siguientes:

[...]

Estimo substancialmente a demanda interposta por María del Carmen Trinidad Rumbao Domínguez, representada pola procuradora Dolores Abella Otero, e debo condenar e condeno a demandada comunidade de propietarios Edificio Metamec nº 5 de Sanxenxo, representada pola procuradora Sra. Fernández Chamorro, a executar a súa custa cantas obras e operacións accesorias concretou o perito xudicial no seu informe (interior vivenda, exterior vivenda, control de calidade, xestión de residuos, seguridade e saúde), no Edificio Metamec nº 5 de Sanxenxo, conducentes á desaparición e reparación da causa e orixe das filtracións ao piso propiedade da demandante.

As custas procesuais serán aboadas pola comunidade de propietarios Edificio Metamec nº 5 de Sanxenxo.

Así mesmo, debo absolver e absolvo a Herminia Vales Mendoza.

E encontrándose a dita demandada, Herminia Vales Mendoza, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este».

Cambados, 23 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza